O gran Camiño

Sábado 30 Xullo | 22:00

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de novos cineastas que decide cargar os seus cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polos grandes roteiros a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos carreiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, o ancestral roteiro de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha escusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

Non recomendada a menores de 7 anos.

Sábado 30 Xullo | 22:00

Duración: 82 min.

Documental

Idioma: VO Galego 

adultos-fugas