INFORMACIÓN IMPORTANTE

  1.  Non fai falta ningún tipo de reserva para acceder ao recinto de proxección

  2.  O recinto de proxección estará aberto ao publico 60 minutos antes do comezo emisión da película.

  3. As cadeiras facilitadas pola empresa de produción asignaranse por estrita orde de chegada ou para persoas con mobilidade reducida

  4. Pode acceder ao recinto levando a súa propia cadeira ou calquera outro elemento que lle permita sentar e visionar a película a condición de que non cause molestia ao resto de asistentes.

  5. O espazo de proxección atópase nun parque público por tanto non é necesario acceder á zona acoutada para gozar das películas

  6. Pode acceder ao espazo acoutado con alimentos e bebidas a condición de que se responsabilice da súa limpeza unha vez finalizase a emisión ou saíse do recinto.

  7.  Faga caso en todo momento ás indicacións do persoal do cine para un correcto desenvolvemento da sesión. 

Os pases das proxeccións realizaranse no Parque Eugenio Granell en Santiago de Compostela.

Coordenadas: 42.86615096741548, -8.54474767236385

UBICACIÓN